sábado, 7 de enero de 2012

Elegía a Luis Méndez "Curruki" en gallego.




Traducida al gallego por la poeta Ferrolana Juana Corsina


Cando os anxos con lentes de madeira admitan a sua derrota.
Cando as rúas de Santiago, esquézanse do teu paso campesino.
Cando choiva e, esa chuvia doente,
non atope na Quintana
a voz intacta da túa térrea arquitectura.
Cando o teu sombreiro negro volte,
da oscura tempestade das cousas.
Cando todo isto ocorra, amigo meu,
admitiréi que ascendeste ao voo.
Admitiréi que acompáñante os brindis do Galo d´ouro,
os sortilexios das meigas das Platerías,
Admitiréi que, Santiago baixo a penumbra dos astros,
recorde a túa envergadura de rocha.
Admitiréi que, Santiago espire o teu apelido
nese latín catedralicio que tanto gustábache.
Entón… percorreré o teu Santiago
cuberto de loito e tempestades.
Pero… ¡Carallo! non admitiréi que Curruki caera.
Pois eu, escóitoo cantar polas rúas das celliscas
con o seu uniforme de astros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario